25 de abril: Organizando a rebeldía desde os pobos

a co 2Este venres 25 de abril, desde Galiza Nova e o BNG queremos lembrar a revolución dos cravos que arrincou tal día coma hoxe hai 40 anos. Para revivir unha revolución que a día de hoxe, tanto no Portugal como na Galiza, faise máis necesaria ca nunca para a supervivencia das nosas nacións e das súas clases populares fronte á voracidade da Troika e das políticas dos gobernos do PPSOE.

Neste acto homenaxe á Abril, contaremos con Joana Mortágua, membro da comisión política do Bloco da Esquerda, Xosé Manuel Carril, candidato nº2 do BNG ao Parlamento Europeo, e Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

Sempre Abril!