A nosa Nación, as nosas Seleccións! Campionato de futbolín na Pobra

Participa este venres no campionato de matraquiños organizado por Galiza Nova na Pobra do Caramiñal, e que terá lugar ás 20:30h no bar Trastenda (O’Adro). Logo de que o PP eliminase os encontros deportivos das nosas seleccións, Galiza Nova continúa demandar o dereito da nosa nación a contar con seleccións deportivas propias, tanto femininas como masculinas, que a representen en todas as disciplinas, a nivel oficial e internacional.

Queremos seleccións galegas oficiais e internacionais! Este venres meteremos goles polas seleccións galegas no Trastenda!

*Para informarte das bases e inscribirte podes facelo na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/galizanovapobra?fref=ts