Agardámoste nas II Xornadas Feministas en Ordes

XORNADAS FEMINISTAS definitivoEste sábado 10 de outubro, ás 17h, non podes pereder as II Xornadas Feministas que Galiza Nova e o BNG organizamos en Ordes.

Por segundo ano consecutivo convidámosvos ás xornadas feministas que o BNG de Ordes e Galiza Nova organizamos para normalizar na nosa vila a loita feminista, a cal vemos necesaria todos os días e en todos os ambientes. A formación, o debate son ferramentas necesarias para derrubarmos o patriarcado. As palestras comezarán ás 17:00h do sábado 10 de Outubro na casa da cultura e serán inauguradas da man de Aldaolado, o espectáculo poético musical e reivindicativo de Lucía Aldao e María Lado.
Para rematar, haberá concertos no Jatopús, con Inés Mirás e MJ Pérez, Paula Chaves e Croma.
Agardámosvos!

Soberanas. En nós non manda ninguén!

Leave a Reply

Your email address will not be published.