Este 28 de setembro saímos ás rúas para reclamar aborto para todas e a derrogación da modificación lexislativa que obriga ás mulleres de 16 e 17 anos a pedir consentimento paterno/materno para abortar.
Desde Galiza Nova mostramos o noso apoio á campaña da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza para recuperar o aborto libre, gratuíto e na seguridade social para todas logo da modificación do PP no 2015, así como a reivindicación de que a Xunta asuma as súas competencias.
Acreditamos nas esixencias da Marcha Mundial das Mulleres como unha necesitade inmediata para as mozas galegas:
- Educación afectivo sexual obrigatoria no currículum escolar.
- Programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM.
- Acceso a anticonceptivos gratuítos nos Centros Quérote+
Para que isto sexa unha prioridade, animamos a toda a sociedade e acudir ás mobilizacións convocadas para este 28 de setembro ás 20h nas cidades e vilas do país.
➡Ourense, 20h Delegación de Educación (rúa Concello)
➡Val Miñor, 20h Alameda da Ramallosa (Nigrán)
➡A Coruña, 20h Obelisco
➡Ferrol, 20h diante do Concello
➡Vigo, 20h na Porta do SoL
➡As Pontes, 19.30h na Praza do Hospital.
➡Pontevedra, 20h Praza da Peregrina
➡Compostela, 20h Praza 8 de Marzo