DOCUMENTOS E PROPOSTA DE CANDIDATURA XV AN

A sesión da Dirección Nacional de Galiza Nova celebrada no sábado 17 de novembro debateu e aprobou os documentos a debate no plenario da XV Asemblea Nacional de Galiza Nova que se celebrará o sábado 24 de novembro na Antiga Casa da Xuventude de Compostela.

A continuación podes descargar os documentos a debate, premendo nos títulos correspondentes:

 

Orde do día

As acreditacións realizaranse a partir das 9.o0h e a sesión de traballos comezará ás 10:00h.

Informe político

O presente documento pretende reunir a principal actividade e liña política exercida pola nosa organización, analizando os acertos e erros co obxectivo de avaliar o noso traballo e de seguir mellorando colectivamente.

Teses a debate

Son as que presentamos hai unhas semanas e que xa foron sometidas a debate nas comarcas, onde a militancia, a través dun procedemento aberto, presentou as emendas co obxectivo de enriquecer e mellorar os textos. Podes ler e descargar os documentos de análise política e organizativa premendo aquí.

Podes ler e descargar o Protocolo de Galiza Nova de actuación fronte agresións machistas e LGTBIfóbicas premendo aquí.

Podes ler e descargar o Regulamento da XV Asemblea Nacional de Galiza Nova premendo aquí.

Proposta de Candidatura para a Secretaría Xeral e Dirección Nacional de Galiza Nova.

 

O prazo de presentación de candidaturas remata o xoves 22 de novembro ás 00:00h. Porén, a Dirección Nacional ten coma cometido entre as súas funcións elaborar unha proposta de candidatura para a nova Dirección Nacional, Comisión Permanente e Secretaría Xeral, que se basee nas propostas de nomes realizadas pola militancia nas asembleas comarcais, atendendo a criterio de xénero, pluralidade, diversidade e representatividade territorial. Con eses obxectivos e os de conformar unha equipa colectiva de traballo, renovación xeracional e activismo en distintos sectores, a Dirección está a traballar nunha candidatura de consenso cuxas 9 primeiras persoas formarían a Comisión Permanente, sendo a proposta aprobada:

  1. Alberte Fernández, 25 anos, Pontevedra. Actual Secretario Xeral de Galiza Nova. Graduado en Historia e especializado en Historia Contemporánea. Participou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega. É integrante do Consello Comarcal, do Consello Nacional e da Executiva do BNG.
  2. Claudia Quintela, 25 anosGondomar. Graduada en Filosofía. Actual Responsábel de Organización. Participou do movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza, facendo parte dos seus organismos nacionais.
  3. Alexandre Louzao, 24 anos, Santiago de Compostela. Enxeñeiro industrial. Participou activamente no movemento estudantil a través dos Comités no campus de Vigo, cidade onde desenvolve a súa actividade política.
  4. Navia Rivas De Castro, 26 anos,  Boimorto. Doutoranda en filosofía.  Responsábel comarcal do BNG na comarca da Montaña e integrante do Consello Nacional do BNG.
  5. Anxo Núñez Fernández, 19 anos, Outes. Estudante de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Actual Responsábel Local do BNG en Outes.
  6. Iria Carreira Pazos, 27 anos, Arzúa. Médica e activista no movemento feminista, actual responsábel nacional de lingua e da Asemblea Nacional LGTBI na Comisión Permanente e a Dirección Nacional de Galiza Nova. Tamén é integrante do Consello Comarcal do BNG da Montaña.
  7. Paulo Ríos Santomé (Kai), 25 anos, Moaña. Cociñeiro de profesión e estudante de Socioloxía, actualmente é responsábel comarcal de Galiza Nova no Morrazo, así como concelleiro de Mocidade polo BNG en Moaña.
  8. Lucía Veciño Souto, 27 anos, Ponteceso. Graduada en Historia e especializada en estudos de Xénero. Foi responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e integrante da Dirección Nacional.
  9. Daniel Castro García, 22 anos, Ribadeo Estudante de Filoloxía Galega na USC e graduado en Linguas Estranxeiras pola UVigo. Foi activista no movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza e actualmente fai parte da Executiva Comarcal do BNG.