Municipais: Encontro Nacional de Mocidade, 21 de marzo

cartaz jpg pontevedraCon motivo das eleccións muncipais, o 21 de marzo celebraremos un encontro nacional de mocidade, organizado por Galiza Nova na cidade de Pontevedra, co obxectivo de debater e abordar propostas políticas xuvenís e alternativas para a mocidade desde os concellos, obradoiro de comunicación e redes sociais, e criterios políticos para a campaña do BNG – Asembleas Abertas.

Ao encontro están convidadas todas as persoas mozas militantes e simpatizantes de Galiza Nova e o BNG.

A xornada iniciarase ás 11.30 horas na cidade de Pontevedra, no centro social Leste (Praza da Cítara) e conta coa seguinte programación de mañá e de tarde:

-11.30 Apertura

Miguel Fdez. Lores, alcalde de Pontevedra
Anabel Gulías, candidata nº 2 en Pontevedra
Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova
Mocidade das candidaturas do BNG – Asembleas Abertas.

– 12.00 Modelo de campaña. Reforzando o noso activismo político e social

Bieito Lobeira, Secretario de Organización do BNG.

– 12.30 Debate-coloquio: “A situación da mocidade galega. A estratexia, acción e alternativa nacionalista para a mocidade desde os concellos”.

Moderado por Sabela Bará e Lucía Veciño, Comisión Permanente de Galiza Nova.

– 14.30 Xantar de convivio (5 euros).

– 16.30 Roteiro guiado

“O modelo de concello e de País que defendemos”, a cargo de Luis Bará, concelleiro de Mobilidade de Pontevedra.

– 17.30 Obradoiro de técnicas de comunicación e de redes sociais.

Olalla Rodil, xornalista.
Iago Varela e Luis P. Castelo, blogueiros e xestores de redes sociais.

* Cómpre confirmar asistencia no correo nacional@galizanova.gal antes do día 17 de marzo.