Hoxe coma onte: Revolución! Lembramos en Ourense o 25 de abril

DSCN3201Este venres conmemoramos en Ourense o 40 aniversario do 25 de abril, nun encontro de mocidade coa participación de Ana Miranda e Alberte Mera.

Galiza Nova lembrou a Revolución dos Cravos este venres na cidade de Ourense nun encontro xuvenil organizado pola mocidade nacionalista, no que participaron a candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, a compañeira de Galiza Nova e membro da candidatura, Davinia Rubinos e o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.

Ana Miranda lembrou neste 25 de abril os 40 anos da Revolución dos Cravos en Portugal e dixo que “é necesario seguir reclamando espazos de liberdade”.

“Expulsan á mocidade da Casa da Xuventude de Ourense, impedíndonos reunirnos e facer actos neste espazo que pertence á mocidade!” denunciou Alberte Mera.

Galza Nova criticou que a mocidade, ao igual que da casa da Xuventude, tamen está a ser botada das escolas e universidades coa aplicación da LOMCE e os recortes en ensino esixidos pola Unión Europea e aplicados polo PP, bótaselle dos postos de traballo, do País, das súas casas (con máis de 7 desafiuzamentos ao día na Galiza!!).

“O 25 de maio fagamos coma no 25 de abril: expulsemos aos fascistas dos gobernos”.

“O 25 de maio fagamos coma no 25 de abril: expulsemos aos fascistas dos gobernos”, afirmou Alberte Mera. O acto rematou cantando o Grândola Vila Morena, a canción do Zeca
Afonso emblema da revolución portuguesa.