Un ano máis, desde Galiza Nova sumámonos á celebración do Día da Visibilidade Bisexual. Desde a Asemblea LGBT reivindicamos a importancia de visibilizar a nosa realidade e de organizármonos para loitar contra un sistema que discrimina a todas aquelas persoas que se apartan da cisheteronorma.

A mocidade bisexual enfrontámonos constantemente a ataques bifóbicos que cuestionan a nosa sexualidade. As persoas bisexuais non estamos confusas nin estamos nunha fase. Os estigmas e estereotipos que sofremos as persoas bisexuais chegan incluso a reproducirse dentro dos colectivos LGBT. Neste 23 de setembro reivindicamos unha vez máis a nosa existencia e loitamos contra un sistema que pretende escondernos.

Nos últimos anos estamos a vivir un retroceso social en materia LGBT, con discursos de odio alentados pola extrema dereita e coas agresións LGBTfóbicas en aumento. Por iso cómpre máis que nunca amosar o noso rexeitamento e alzar o noso orgullo contra quen quere silenciarnos. Loitamos e loitaremos por unha Galiza libre e diversa e contra todas as formas de lgbtfobia no camiño para acadar unha Galiza libre de toda opresión.

Leave a Reply

Your email address will not be published.