rptoz

Laura Cortegoso e Xesús Martínez elixidas novas responsábeis no Morrazo

Laura Cortegoso (centro) e Xesús Martínez (dereita), novas responsábeis na comarca do Morrazo, acompañadas do anterior responsábel e membro da Dirección Nacional, Paulo Ríos (esquerda).

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Morrazo, reunida o pasado sábado 15, escolleu por unanimidade a Laura Cortegoso Rios (Moaña) como Responsábel Comarcal e a Xesús Martínez Xiraldez (Cangas) como Responsábel de Organización, substituíndo nas responsabilidades a Paulo Ríos e a Brais Oia despois de 2 anos á fronte da Asemblea Comarcal da organización xuvenil.

A nova Responsábel Comarcal, Laura Cortegoso, afirmou asumir a tarefa de liderar a comarca con moita ilusión e sabendo que “non será un traballo fácil, mais que cando traballas organizando a mocidade galego, o traballo sempre presta.”

Pola súa banda, o novo Responsábel de Organización, Xesús Martínez, agradeceu o traballo realizado polas responsabilidades saíntes e comprometeuse a traballar “levando Galiza Nova a todas as localidades da comarca e crear un grupo forte que opere en todas as vilas do Morrazo”.

A Asemblea Comarcal, celebrada na localidade de Moaña, decidiu renovar ao natural de Marín, Pablo Blanco, como Responsábel de Comunicación.