Neste Día da Clase Obreira Galega queremos denunciar, máis unha vez, a situación de desemprego, precariedade laboral e emigración que padece a mocidade galega. As terríbeis consecuencias das reformas laborais do PPSOE profundizan na precarización aínda maior dos contratos e unha indefensión total das traballadoras e traballadores. Queren que as mozas e mozos da Galiza non sexamos máis que man de obra barata para as empresas, con contratos que camuflan todo tipo de abusos!!
Neste 10 de marzo reivindicamos tamén a necesidade de conquerirmos a soberanía da Galiza para termos as capacidades reais de crear emprego digno e na nosa Terra e practicarmos a insubmisión ás políticas reaccionarias e neoliberais impostas! No 42 aniversario do asasinato dos traballadores Amador e Daniel, só nos queda loitar con máis forza pola liberación nacional e a emancipación da clase traballadora galega.
Nin escravitude nin emigración! Viva o Día da Clase Obreira Galega!
Horarios e lugares das manifestacións
– Ferrol, ás 20:00 horas dende os locais da central sindical. Ás 12:30 horas realizarase a ofrenda floral no monumento 10 de Marzo.
– Vigo, ás 19:30 horas dende Vía Norte.
– Compostela, ás 20:00 horas dende a Praza Roxa.