a caravana da mocidade galega chega a Cangas

CrXqEPeWEAQ8BNXA Caravana da Mocidade Galega chegou a Cangas, cadrando coas festas locais. Foron moitas as mozas e mozos que se achegaron a coñecer as propostas que o BNG defende para unha Galiza con presente e futuro para xuventude. Durante a tarde, estiveron na organización da carvana compañeiras e compañeiros de Galiza Nova do Morrazo, Merche Giráldez (concelleira BNG Cangas), Silvia Carballo (candidata do morrazo ao Parlamento Galego) e o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.

Defendimos en Cangas que Galiza precisa dun Plan de Emprego Xuvenil que priorice a inserción laboral en sectores estratéxicos da economía, e o BNG está disposto a levalo adiante, para recuperar os dereitos laborais eliminados e avanzar en novas conquistas sociais, para potenciar cccempresas de economía social e o emprendemento e posibilitar o seu financiamento creando a Banca Pública Galega.

O BNG defende unha Xunta de Galiza que non colabore nin contrate empresas de traballo temporal, e que potencie os servizos públicos de emprego.