Cabazas para o ministro e conselleiro de educación!

cbazas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou esta mañá no Rexistro da Xunta unha caixa chea de cabazas destinadas ao Ministro e Conselleiro de educación polo seu suspenso á fronte do ensino, xa que son os responsábeis dos recortes así como da contrarreforma educativa do PP, enormemente españolizadora, confesional e segregadora, destinada a expulsar ao alumnado do ensino. Galiza Nova, que participou na entrega das cabazas así como na concentración que se realizou ante a Consellaría de Educación durante esta mañá, chama á mocidade galega a saír á rúa o vindeiro 24 de outubro para xerar unha resposta masiva contra o modelo educativo do PP, que por medio da LOMCE, quérnnos devolver aos anos do franquismo.

Érguete polo ensino público galego!