Co BNG a lei Wert ao wertedoiro

PONTON-E-CALLON-ACTO-ENSINO-PÚBLICOLoitar polo ensino público galego, con toda a forza do pobo galego, nas rúas e no Congreso. Este foi e seguirá a ser o compromiso do BNG. Esta mañá realizamos un encontro coa comunidade educativa galega, no que participou a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, e o cabeza de candidatura pola Coruña, Carlos Callón, acompañadas do Deputado Cosme Pombo e da compañeira de Galiza Nova e activista do movemento estudantil, Claudia Quintela. Analizaron nun acto co sector do ensino a herdanza que deixan as políticas de Rajoy e do “seu virrey” en Galiza, Núñez Feijóo.

Recorte de 2.000 profesoras e profesores, recorte de 1.500 millóns de euros no ensino público, recorte de escolas unitarias que lle da menos oportunidades aos nenos e nenas no rural, menos lingua galega no ensino. Por contra, sumaron desigualdade financiando ensino privado que segrega por sexos, reválidas inútiles e sumar obstáculos aos fillos e fillas das familias con menos recursos.

Para darlle a volta a esta situación, BNG-NÓS propón derogar as normas regresivas aprobadas polo PP, empezando por mandar a Lei Wert “ao vertedoiro”. “Vexo que hai moitos rapaces e rapazas que non poden e escoller aquelo que queren porque non hai un sistema de bolsas suficiente e nós queremos que desenvolvan todo o seu potencial. Por iso, que propoñemos facer con todas estas normas educativas?”, preguntábase Callón, “o que queremos facer coa Lei wert, xa o di a propia palabra, a Lei Wert, ao vertedoiro”.

Pontón lembrou que durante estes cinco meses houbo unha maioría alternativa ao PP no Congreso que non aproveitou a oportunidade para derogar as normas contra o ensino público, “e aínda non nos explicaron por que”, indicou. A dirixente do Bloque volve retar a Feijóo a un debate nos medios públicos: “Os galegos e as galegas teñen dereito a saber que lle ofrecen os partidos antes de ir votar o 26X, que dea a cara e que deixe de esconderse detrás de Rajoy”

Suprimir a Lei Wert, un marco de financiamento galego que permita evitar a fuga de 8.500 millóns de euros que fai perder a Galiza o actual sistema de financiamento, un marco galego de ensino, e fin das reválidas, principais propostas do Bloque para un ensino público de calidade, laico e galego.