Desde Galiza Nova chamamos a toda a mocidade galega a rebelarse contra a galegofobia do PP que esnaquiza a nosa lingua, chamamos a defender o idioma e saír á rúa este 17 de maio, a sinalar co dedo aos poderes españois políticos e económicos que aniquilan a nosa lingua, porque borrando o idioma, borran a nosa identidade, borran o que somos, galegas, mozas e mozos dun pobo que traballa para conquistar a súa liberdade.
Ven ás manifestacións convocadas pola Plataforma Queremos Galego, da que Galiza Nova forma parte.
Mobilizacións 17 de maio de 2015, ás 12h
Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz.
Santiago de Compostela: Praza das Pratarías.
Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido)
A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga)
Pontevedra: Praza da Peregrina
Lugo:11.30 Praza Anxo Fernández (tras o concello)
Ribadeo: Catro Rúas
Ourense: Praza da Imprenta