Galiza Nova e o BNG estivemos presente máis un ano na Festa do Avante, organizada polo Partido Comunista Portugués durante o 4, 5 4 6 de setembro. Militantes da organización xuvenil do BNG desprazáronse até o Seixal para participar deste gran evento político, cultural e de convivio con repercusión non só en Portugal senón tamén a nivel internacional, pois ao Avante asistimos cada ano delegacións de organizacións comunistas e de esquerdas do mundo.
A través do espazo internacional no que se atopaba o posto informativo do BNG, deuse a coñecer a realidade política da Galiza e as distintas loitas que o nacionalismo leva adiante na Galiza en prol do dereito a decidir e da liberación nacional e social da Galiza. Mais un ano ficamos moito agradecidas polo convite ao Avante e polo desenvolvemento da festa, e desexamos ás nosas caros compañeiras e compañeiros do PCP e da Juventude Comunista Portuguesa os maiores éxitos na loita.