Galiza Nova O Condado renova ao seu responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Condado elixiu este martes a Diego Rodríguez como novo responsable comarcal.
Diego Rodríguez “Estou moi contento e moi agradecido pola confianza, darei todo de min para seguir facendo avanzar Galiza Nova entre a mocidade da comarca”.

Ponteareas, 19 de decembro de 2023.- A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Condado reuniuse este martes en Ponteareas para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, elixindo a Diego Rodríguez, de 18 anos e natural do propio concello, como novo responsable comarcal.
Diego leva militando case un ano na organización xuvenil e asegura estar “moi contento e agradecido pola confianza que as militantes me están dando. Teño moitas ganas de aprender, de mellorar e darei todo de min para seguir facendo avanzar Galiza Nova entre a mocidade da comarca”.
A organización xuvenil do BNG atópase agora no proceso de renovación de responsabilidades após a Asemblea Nacional celebrada o pasado 2 de decembro en Santiago de Compostela, neste sentido a xuntanza do Condado contou coa presenza de Marta Gómez, secretaria xeral da organización que asegurou que “estamos nun momento histórico para o nacionalismo galego e faise absolutamente necesario que persoas con ganas e con capacidade como Diego dean un paso á fronte para poder desenvolver o traballo que temos por diante”.
A organización ratificará as novas responsabilidades, tanto nacionais como locais, nunha xuntanza o 13 de xaneiro na que tamén aprobarán o traballo para o 2024 entre o que se atopa encarar as futuras eleccións galegas.