Este martes 3 de marzo desenvolveremos no IES Xelmírez I, Compostela, un obradoiro para detectar e combater os micromachismos, organizado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, e que comezará ás 16.20h.
Os micromachismo son estratexias de violencias cotiás que se exercen contra as mulleres para coartarnos e agredirnos.
Ficamos rodeadas permanentemente destas situacións, e ese é só un dos moitos motivos de importancia polos cales temos o deber e a obriga de recoñecelos e actuar fronte estas situacións. E en Galiza Nova estamos plenamente concienciadas da importancia da loita feminista e do deber que temos como mulleres de combater estes ataques.
É por iso polo que animamos á mocidade a achegarse, falar, debater e aportar novos puntos de vista co fin de erguer unha Galiza feminista!