Os reis magos de Galiza Nova visitaron ao alcalde de Oza-Cesuras

BdDQ9hiIEAACI6wOs Reis Magos de Galiza Nova escollen o novo concello fusionado de Oza e Cesuras para entregar os seus agasallos reivindicativos.

Como xa vén sendo tradición por estas datas, os Reis Magos convidados por Galiza Nova na comarca da Coruña fan entrega ao Alcalde da comarca que fixo máis méritos ao longo do ano para merecer unha serie de agasallos cargados de retranca e que representan a incompetencia do seu goberno municipal. Este ano o escenario escollido para a visita dos Reis Magos non podía ser outro que o novo concello resultante da fusión de Oza dos Ríos e Cesuras e o seu destinatario o presidente da súa xestora, Pablo González Cacheiro.

Desde a comarca da Coruña considerouse que este goberno municipal é máis que merecedor dunha serie de agasallos que pretenden denunciar unha enorme despreocupación polos problemas reais dos veciños e veciñas de Oza e Cesuras e a mentira continuada do seu alcalde, en temas como a instalación da Coca-Cola, a tala de árbores do sanatorio de Cesuras ou a súa polémica subida de salario.

Entregámoslle a Gonzalez Cacheiro unha coca-cola, unha pola de eucalipto e un cheque con 56084 euros, o seu salario anual

Os reis magos de Galiza Nova, entregaron no rexistro do Concello diversos agasallos. En primeiro lugar unha coca-cola co seu nome, xa que polo que parece vai ser a única coca-cola que vai haber no noso concello, xa que da fábrica de Begano que tanto prometeu no proxecto de fusión só sabemos que vai pechar as súas prantas no norte do estado español e que de establecerse aquí non hai nada.

En segungo lugar, regalámoslle  tamén unha rama de eucalipto para recordarlle a investigación sobre a venda da madeira do sanatorio de Cesuras á empresa familiar dun concelleiro de Oza, chea de irregularidades.

O alcalde que triplicou o seu soldo!

Por último, traemoslle tamén un cheque de  56.084 euros que é o seu soldo para este ano para que non teña que cobralo dos cartos públicos e poida investilos en servizos para todos os veciños e veciñas; pois resulta paradigmático que este mesmo alcalde triplicara o seu soldo xusto despois da fusión dos concellos de Oza e Cesuras.

Desde Galiza Nova agárdase que estes agasallos sirvan para que o goberno municipal faga propósitos de ano novo e mude as súas políticas e se preocupe máis polos problemas de todos os veciños e veciñas de Oza e Cesuras e, sobre todo, da súa mocidade.

Bótalle un ollo a continuación a algunha das imaxes desta tradicional actividade na comarca da Coruña: