Participa da Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao!

homenaxe2015Como cada véspera do Día da Patria, Galiza Nova reivindicará no 24 de Xullo no Parque de Bonaval a dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.

Contaremos nesta edición da homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao coa actuacións musicais de POETARRAS e de LOARIA, ademais das intervencións políticas a cargo do Secretario Xeral de Galiza Nova, ALBERTE MERA, do Secretario de Organización do Bloque Nacionalista Galego, BIEITO LOBEIRA, e de ARGANTAEL KERDUDO pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

Vémonos o 24 pola tarde!