A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte Galiza Nova, vén de convocar peches rotativos en centros de ensino que durante o mes de abril se estenderán ao longo do País.
Desde a nosa organización chamamos á mocidade galega a mobilizarse e participar destes peches contra o modelo educativo do PP, nomeadamente a nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), xa coñecida como a ‘Lei da Wertgoña’. En palabras do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, “estamos ante unha reforma educativa que supón o regreso ao modelo educativo do franquismo”. Na rolda de prensa na que esta mañá a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou os peches rotativos, o Secretario Xeral de Galiza Nova afirmou que os recortes que efectúa o PP desde o goberno galego e central só buscan liquidar o ensino público galego como dereito de tod@s a unha formación de calidade.
A Plataforma tamén convocou unha nova concentración para próximo o 17 de abril en Santiago, coincidindo co debate no Consello Escolar de Galiza.
Este é o calendario de peches, (todos iniciaranse ás 17horas):
- 9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)
- 10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
- 11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
- 12 de abril A GUARDA (CEIP A Sangriña)
- 15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
- 15 abril CANGAS (IES Rodeira)
- 17 abril LUGO (IES As Mercedes)
- 18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
- 22 abril BURELA (IES Monte Castelo)
- 22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
- 23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
- 24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
- 24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
- 25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
- 26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)