Este sábado 11 celebraremos un encontro coa mocidade no Paseo Román López, en Caldas. Será ás 20 horas, e nel poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.
Conversará connosco a mocidade candidata ao Congreso polo BNG-NÓS, Iria Figueroa e Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova. A continuación, contaremos cunha actuación musical no BMBs Bar.
Propoñamos entre todas e todos as mellores solucións para o noso pobo. Co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.