Coloquio: “Auxe do fascismo e o ataque ao movemento feminista” en Chantada

Este sábado 2 de marzo ás 19:30h estaremos falando na Cafetería Ruar (Rúa travesía do Concello) en Monforte con Lucía Veciño, historiadora especializada en Historia do Xénero Contemporaneo e integrante da Dirección Nacional e da Mesa Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, nun coloquio que leva por título “Auxe do fascismo e o ataque ao movemento feminista”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.