“Feminismo: Cando, Onde e Por que” en Ribadavia


Este venres 5 de maio ás 20:00h estaremos falando en Ribadavia, no bar A Huella do Gato (Praza Maior) con Rebeca Cambeiro, responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, e con Iria Carreira, responsábel nacional da Asemblea LGTBI de Galiza Nova nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.

Leave a Reply

Your email address will not be published.