“Feminismo: onde, cando e por que” en Lugo

O vindeiro venres 31 de marzo ás 20:00h estaremos falando no Centro Social Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18, Lugo) con Olalla Rodil, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova e deputada do BNG no Parlamento Galego, nun coloquio que recibe o nome de “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a xuventude para mudar a sociedade tan salpicada e manchada de machismo, por iso cremos que estes actos son precisos.

Agardámoste!