Mesa redonda pola lingua en Ordes

No marco da campaña nacional de lingua ‘Rebélate, fala galego‘ comezamos unha serie de actos que dende a festa visibilizan a loita por vivir no noso idioma. Este sábado 13 de maio Galiza Nova e o BNG organizan en Ordes un acto no Soul Food (rúa do Mundito nº11).

Este acto comezará cunha mesa redonda coa presenza de persoas mozas activas no panorama cultural e social galego. Nela estarán Iria Carreira, responsábel de Lingua de Galiza Nova, Rocío Martínez, coordinadora do Fanzine Infumable, Iván del Río, cantante do grupo Superoito, e Rebeca Cambeiro, militante do BNG de Ordes e integrante da Permanente de Galiza Nova.

Ao remate haberá tamén unha sesión de micro aberto para que quen queira poida levar un texto para ler e compartir coas persoas asistentes.