O avance da ultradereita a debate en Cangas

O vindeiro xoves día 27, Galiza Nova O Morrazo, organiza unha charla-coloquio sobre o auxe da ultradereita, co Secretario Xeral de Galiza Nova e integrante das 19 de Meirás, Alberte Fernández e coa participación da Responsábel comarcal De Galiza Nova O Morrazo, Laura Cortegoso e Pablo Blanco, militante de Galiza Nova vítima dunha agresión fascista o pasado 5 de decembro nas rúas de Pontevedra.

O acto terá lugar no Local da Agraria, ao carón do Concello de Cangas, ás 19:30h

Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.

Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza

Leave a Reply

Your email address will not be published.