Presentación da Plataforma Vía Galega

Vía Galega é a plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza

Este sábado 3 de marzo terá lugar o acto de presentación de Vía Galega, unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza, que agrupa numerosas entidades (culturais, veciñais, sindicais, agrarias, medioambientais, educativas, de emigrantes retornados, estudantís, de solidariedade internacional, fundacións, centros sociais, etc.), agrupadas en torno ao ManifestoSomos unha nación. Temos dereitos, fagamos ouvir  a nosa voz”.

Dende Galiza Nova consideramos moi positiva a articulación desta iniciativa destinada a xerar conciencia nacional no pobo galego, e animamos a mocidade galega a participar do acto de presentación que será este sábado ás 11:30 no Centro Socio Cultural de Fontiñas en Compostela, así como a adherirse individualmente ao seu manifesto.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.