A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Coruña reelixiu a Iago Mosquera para continuar como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Coruña reuniuse na Coruña para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Iago Mosquera, de 19 anos e natural da propia cidade, para continuar como responsable comarcal.

Iago asumiu a responsabilidade comarcal por primeira vez o pasado mes de xuño, co obxectivo de continuar co bo traballo feito ata o momento e seguir ampliando a militancia. Dende entón aumentouse a base da organización na propia comarca, realizando un traballo que o propio Iago cualifica como “moi produtivo e positivo para a organización, para min é un orgullo poder seguir á fronte deste proxecto traballando con compañeiras e compañeiros como os que somos aquí”.

Na asemblea tamén se elixiu a Rubén Novo como responsable de organización, dándolle así unha renovación á dirección da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *