A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Ferrolterra escolleu a Diego Fernández como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Ferrolterra reuniuse en Ferrol o para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Diego Fernández, de 18 anos e natural da cidade, como responsable comarcal.

A asemblea valorou a implicación e o compromiso de Diego dende que entrou na organización e por iso o consideran o “candidato idóneo” para dar este paso neste novo período. Diego di estar “encantado e moi agradecido á comarca pola confianza” e asegura que “poder ademais contar coa experiencia de quen xa leva máis tempo aquí vai ser moi bo para aprender e seguir avanzando”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *