A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Barbanza reelixiu a Inés Vázquez para continuar como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Barbanza reuniuse en Rianxo para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Inés Vázquez, de 27 anos e do concello de Rianxo, para continuar como responsable comarcal.

Inés asumiu a responsabilidade comarcal por primeira vez o pasado mes de xullo, co reto de reactivar á organización xuvenil do BNG na comarca do Barbanza e asegura estar “preparada e ilusionada para continuar co obxectivo que nos marcamos hai máis de medio ano”. Dende entón, a comarca gañou peso cuantitativo e non deixou de facer traballo, Vázquez asegura que “seguiremos facendo actos, tanto en Rianxo como noutras localidades, para seguir sumando xente moza á nosa organización”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *