A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Salnés escolleu a Esmeralda Crespo como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Salnés reuniuse en Cambados para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Esmeralda Crespo, de 24 anos e natural de Vilagarcía de Arousa, como responsable comarcal.

Esmeralda, coñecida como Meri, asume a responsabilidade con “ilusión e compromiso” e afirma querer “continuar co traballo feito ata o momento e que Galiza Nova sexa a organización de referencia para a mocidade do Salnés como xa está comezando a ser”.

A asemblea tamén elixiu a Iago Fraga como responsable de organización.