Galiza Nova denuncia que a dirección de varios centros de ensino do noso País están a impedir a realización das asembleas informativas ou encontros con delegad@s que a nosa organización está a realizar en institutos de todas as comarcas de Galiza para informar á mocidade da folga no ensino.
O IES Nº1 de Ribeira, o IES Leliadoura (tamén de Ribeira), o IES de Oroso ou o IES Val do Tea de Ponteareas son algúns dos centros de ensino que están a impedir a Galiza Nova realizar as asembleas informativas sobre a folga. No IES Nº1 de Ribeira a censura chega a tal extremo que tampouco se permite pendurar a cartelaría editada pola nosa organización para difundir a folga por se tratar de Galiza Nova e tampouco se permite a das organizacións estudantís por “empregaren palabras ofensivas” segundo o criterio da dirección.
Encontros ás portas dos institutos!
Nestes centros de ensino nos que non se permite informar ao estudantado, Galiza Nova está a promover asembleas informativas ás portas dos mesmos institutos para que a obstaculización da dirección non triunfe, e toda moza e todo mozo sexa consciente de que este 24 de outubro nos xogamos o futuro do ensino público galego.
A continuación tes os encontros, asembleas informativas e repartos que desde Galiza Nova se continuarán a levar a cabo ao longo da semana.
LUNS 21
A Coruña: IES Eusebio da Guarda, reparto e encontro co estudantado ás 16.00h
As Neves: IES Pazo da Mercé, asemblea informativa durante o recreo (aula de usos múltiples)
Cambre: IES David Buxán, asemblea informativa ás 10.10h.
Carballo: IES Alfredo Brañas, reparto e encontro co estudantado durante o recreo
Carballo: IES Parga Pondal, reparto e encontro co estudantado durante o recreo
Compostela: IES Antón Fraguas, asemblea informativa durante o 2º recreo
Lugo IES Lucus Augusti, reparto ás 14.15h
Lugo: IES Ollos Grandes, reparto ás 14.15h
Oroso: IES de Oroso, reparto e encontro co alumnado á saída
Ponteareas: IES Pedra da Auga, asemblea informativa durante o recreo (salón de actos)
Ponteareas: IES Val do Tea, reparto e encontro co alumnado ás 8.45h
Pontevedra: IES A Xunqueira I, reparto e encontro co alumnado durante o recreo
Pontevedra: IES A Xunqueira II, reparto e encontro co alumnado durante o recreo
Pontevedra: CIFP A Xunqueira, reparto e encontro co alumnado durante o recreo
Ribeira: IES nº1, encontro co alumnado e reparto ás 14.30h
Ribeira, IES Leliadoura, encontro co alumnado e reparto ás 16.30h
Sarria: IES Gregorio Fernández, asemblea informativa ás 11.15h
Verín: IES Castro de Baroncelli, encontro co alumnado e reparto ás 11.10h
MARTES 22
A Coruña: IES Fernando Wirtz, reparto e encontro co estudantado ás 16:00
Compostela: IES Xelmírez I, reparto e encontro co alumnando á saída.
Oleiros: IES Neira Vilas, asemblea informativa ás 10.10h
Pontevedra: IES Frei Martín Sarmiento, reparto e encontro co alumando ás 11.00h
Pontevedra: IES Valle Inclán, reparto e encontro co alumando ás 11.30h
Vigo: IES Sante Irena, reparto ás 8.20h
Vigo: IES Santo Tomé, reparto ás 8.30h
Vigo: IES Alexandre Bóveda, reparto e encontro co alumando ás 10.25h
MÉRCORES 23
Guitiriz: IES Díaz Castro, asemblea informativa ás 11.15h
Pontevedra: IES Torrente Ballester, reparto e encontro co alumando ás 10.10h
Pontevdra: IES Sánchez Cantón, reparto e encontro co alumando ás 11.30h
Redondela: IES de Chapela, asemblea informativa ás 12.10h
Ribadeo: IES de Ribadeo, asemblea informativa ás 11h
Vigo: IES de Teis, reparto e encontro co alumando á hora da saída.