As mozas galegas cara a Folga do 8M en Lugo

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Lugo organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 15 de febreiro ás 17:30 na Sala C do C.S. Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de María Seixas, responsábel de organización de Galiza Nova na comarca de Lugo e Maite Ferreiro, concelleira polo BNG no concello de Lugo e integrante da Comisión de Acción Feminista do BNG.