Entrega de premios “Rebélate, escribe en galego”

Este venres 22 celebraremos en Pontevedra a entrega de premios do Certame de Relato Curto “Rebélate. Escribe en Galego”.
Dende Galiza Nova valoramos moi positivamente a acollida deste certame e a súa alta participación, con máis de 50 relatos que están a ser avaliados no momento polo xurado, que será desevelado cando se produza o fallo dos relatos  finalistas.
O acto será no Bar O Diaño ás 21:30 horas, na zona vella de Pontevedra.