Fiscalía solicita pena e responsabilidade civil a membros de Galiza Nova por defender o ensino

xuizo_maioNa mañá deste mércores continuouse o xuízo “por deslucimento” a moz@s de Galiza Nova denunciados polo Alcalde do PP en Mondariz, Julio Alén, por realizaren un mural en defensa do ensino público galego.

O xuízo quedou visto para sentenza tras declararen @s denunciad@s, o denunciante -un traballador do concello- e o Garda Civil que identificou ás e aos membros de Galiza Nova a requirimento do Alcalde.

Expostas as declaracións, a Fiscalía solicitou unha pena de localización permanente durante os días a estipular para @s membros de Galiza Nova acusad@s, así como a responsabilidade civil de aboar a reparación do muro.

Botcfq4CIAAAsTS.jpg-largeO PP e a súa represión non nos calará!

Dende Galiza Nova salientamos que o Partido Popular esta a criminalizar á mocidade galega que se rebela, pero a súa represión non nos calará, non lles imos dar tregua e seguiremos mobilizándonos e levando adiante todo tipo de accións contra as inxustizas e pola defensa de dereitos básicos como é o ensino público galego.

Agradecemos, unha vez máis, o apoio recibido e as mostras de solidariedade, así como as felicitacións polo mural por parte da veciñanza e que afirman que mellorou a imaxe do muro.

Non nos calarán!