V Semana da Patria Galega

Neste mes de xullo de 2022 Galiza Nova e o BNG organizamos a “V Semana da Patria Galega”. Unha xeira de máis de 50 actividades que a mocidade de Galiza Nova organiza por todo o país ao longo da semana próxima para popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza.

Durante a Semana da Patria teremos actos de temática moi diversa mais todos terán como eixo central a necesidade de soberanía. Teremos actos de todo tipo: palestras, debates, actos formativos, mosaicos, concertos… Estas actividades terán lugar na semana previa á 25 de xullo, Día da Patria Galega. Queremos que esta semana sirva para sumar máis mocidade na loita pola nosa plena soberanía nacional, da capacidade de decisión que nos permita construír unha nova Galiza na que a mocidade non sexa expulsada por milleiros á emigración, polo desemprego e a precariedade.

Consulta aquí todas as actividades programadas nas distintas comarcas:

XOVES 14:

  • Arnoia – A Limia: Caña nacionalista: Organizarse para vencer.
  • Tabeirós – Deza: Homenaxe á bandeira da patria

VENRES 15:

  • O Condado: Coloquio “Desafíos no panorama internacional, a OTAN e a guerra de Ucraína”
  • Pontevedra: Caña nacionalista e homenaxe á bandeira da patria.
  • O Morrazo: Coloquio “A loita das mulleres do mar”
  • A Coruña: Homenaxe a Curros Enríquez

SÁBADO 16:

  • O Morrazo: Mural Patriótico
  • Vigo: Homenaxe á bandeira da patria
  • Lugo: Andaina nacionalista contra o espolio eólico
  • Celanova – Baixa Limia: Homenaxe á bandeira da patria

DOMINGO 17:

  • Monterrei – Viana: Homenaxe á bandeira da patria
  • Ourense: Homenaxe á bandeira da patria
  • Vigo: Andaina nacionalista dos Fuxidos do Maúxo
  • Lugo Sul: Coloquio “Defendendo á mocidade galega dende Madrid”
  • O Salnés: Andaina nacionalista aos Miradores de Xil e homenaxe á bandeira da patria
  • A Coruña: Andaina nacionalista pola cidade da Coruña
  • As Mariñas: Festa nacionalista e mosaico pola patria

LUNS 18:

  • A Montaña: Homenaxe á bandeira da patria.
  • Compostela: Coloquio “O movemento LGBT na Galiza”
  • A Barbanza e A Estrela: Andaina nacionalista ao Monte Iroitre e acción simbólica contra a OTAN

MARTES 19:

  • Baixo Miño: Palestra “Saúde Mental e feminismo”
  • Bergantiños: Homenaxe á bandeira da patria
  • Pontevedra: Coloquio “Nacionalismo galego para dummies”
  • Vigo: Palestra “O papel das mulleres no nacionalismo galego”
  • Ferrolterra: Homenaxe á bandeira da patria
  • Bergantiños: Mural patriótico
  • A Mariña: Acto público “Defendendo A Mariña na Galiza e en Madrid”

MÉRCORES 20:

  • A Mariña: Homenaxe á bandeira da patria.
  • Baixo Miño: Mural patriótico
  • Compostela: Coloquio “Nacionalismo galego para dummies”
  • Lugo: Homenaxe á bandeira da patria
  • Tabeirós – Deza: Andaina nacionalista ao Castro de Toiriz
  • O Salnés: Coloquio “Nacionalismo galego: futuro para a mocidade”
  • O Morrazo: Paseo en galeón pola ría.
  • A Coruña: Coloquio “Defendendo á mocidade galega dende Madrid”
  • Compostela: Serán patriótico

XOVES 21:

  • A Montaña: Coloquio “Lecer e mocidade”
  • As Mariñas: Coloquio “Nacionalismo galego para dummies”
  • As Mariñas: Homenaxe á bandeira da patria
  • Celanova – Baixa Limia: Carpa informativa
  • Ferrolterra: Mesa redonda “Amador, Daniel: A loita continúa”
  • A Estrela: Presentación do libro “A defunción dos sexos” e Taller de micromachismos
  • O Morrazo: Mural patriótico
  • Vigo: Acto público con Néstor Rego.

VENRES 22:

  • Compostela: Homenaxe á bandeira da patria
  • A Barbanza: Mesa redonda “A loita das conserveiras”
  • Baixo Miño: Mesa redonda “A nación galega: unha realidade viva” e serán patriótico.
  • Bergantiños: Mesa redonda “O movemento LGBT na Galiza”
  • Ourense: Faladoiro “Cultura desde as marxes” e serán patriótico
  • Pontevedra: Andaina feminista
  • Tabeirós – Deza: Coloquio “A historia do movemento LGBT na Galiza”
  • Lugo: Serán patriótico
  • O Morrazo: Arenga pola patria

SÁBADO 23:

  • Celanova – Baixa Limia: Coloquio “Contra o estigma da saúde mental”
  • Celanova – Baixa Limia: Concerto de Tiam Gz