Fóra touradas de Triacastela. Concentración este sábado 22.

11873367_884337984979023_2570736910321885476_nGaliza Nova chama a participar da mobilización que terá lugar este sábado ás 17.30 na Praza de touros de Triacastela, convocada pola Plataforma Lástima de Bois, pois entendemos que a tauromaquia é unha actividade cruel e deshumanizada que se debe abolir, e que ademais se emprega para substituír a nosa cultura e festas populares, así como para avanzar no proceso de españolización do noso pobo emprendido hai séculos.

Non fiques na casa, mobilízate pola supresión das touradas!

TOURADAS FÓRA DA GALIZA!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *